Os pósitos mobilizaranse para pedir o paro

As confrarías de A Pobra, Ribeira, Aguiño e Palmeira queren reunirse con Quintana

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Non descartan ningún tipo de medida con tal de conseguir que todos os mariscadores da ría de Arousa teñan dereito ao cobro da prestación por desemprego á que só poden acceder os tripulantes que faenaron no banco natural dos Lombos do Ulla. Os patróns maiores de Palmeira, A Pobra, Ribeira e Aguiño reuníronse onte para decidir que accións emprender e as mobilizacións están na mente de todos.

Polo de agora, os responsables dos catro pósitos acordaron remitir un escrito tanto ás federacións galega e provincial de confrarías como á propia Consellería de Mar para pedir o apoio das demais entidades mariñeiras e «deixar claro que non imos claudicar ante o que consideramos unha inxustiza e unha discriminación».

Solicitude

A intención é ter redactado ese escrito hoxe mesmo para envialo de inmediato aos seus destinatarios. Ao mesmo tempo, os catro patróns maiores van solicitar que a conselleira de Mar, Rosa Quintana, os reciba urxentemente para tratar este asunto. Os responsables das entidades arousáns están indignados porque, nun principio, se dixo que todos os mariscadores ían ter dereito ao paro e non foi así.

Más información Selección realizada automáticamente

 

Saber más...