A LECTORA

La Voz

FIRMAS

25 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura.

De noite. Polo día non me concentro, a non ser que estea enferma.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro.

Polo tema ou polas recomendacións que me fan.

3. Que lle achega a lectura?

Un gran relax.

4. Os seus libros favoritos.

Los pilares de la tierra, O nome da rosa? os históricos, en xeral.

5. Un xénero literario.

Narrativa.

6. Un personaxe e un espazo literario.

Máis ca un espazo, unha época: a Idade Media. Ana Frank, por exemplo.

7. Que está a ler agora?

A bibliotecaria de Auschwitz.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua.

Rosalía de Castro e Ken Follet.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer?

Calcetar, ganchillar, facer sudokus, cantar nun coro?

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro.

A Curota vista desde a aldea de Balteiro.