Airiños leva a súa nova montaxe ao teatro Principal de Santiago

M.G RIBEIRA

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

A agrupación rianxeira subirá ao escenario compostelán o domingo

18 dic 2012 . Actualizado a las 14:07 h.

O grupo decano do teatro afeccionado de Galicia continúa incansable o seu percorrido por escenarios de toda Galicia. Esta fin de semana, Airiños viaxa a Compostela para estrear Nin rico nin pobre (senón todo o contrario). Será o domingo, a partir das 19.30 horas, no teatro Principal de Santiago.

A velada está organizada pola Asociación Galega para Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea), en cuxa sede se poden adquirir as entradas de xeito anticipado por 5 euros. O día da función tamén se porán á venda nas taquillas do teatro dúas horas antes da actuación do grupo de teatro de Asados.