Ourolo de Rianxo

ISABEL SANTOS

OURENSE CIUDAD

30 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Na parroquia rianxeira de Taragoña está o lugar de Ourolo, que relacionamos noutra ocasión cos topónimos Pena do Ouro, Oroso, Castrón d´Ouro, etcétera, como procedentes todos eles dunha base prerromana *or/*oro de significado «monte, elevación».

Por unha parte, Ouro figura, xunto con Ourense, como lugar relacionado coa explotación do ouro; pero a documentación antiga da cidade de Ourense lévanos a Auria e Auriense, posibles hidrónimos procedentes dunha raíz indoeuropea aura «auga». Auria, concretamente, consérvase en Oira, augas arriba do Miño.

Oroso, miren por onde, é o lugar do meu destino diario na capital da comarca de Paradanta, no concello d?A Cañiza. Calquera que vaia cara ao centro escolar terá que subir unha boa costa, costa que tamén apreciamos no noso Ourolo rianxeiro. Entre hidrónimos e orónimos é posible que ande a cousa.

Pero Ourolo para algúns estudosos nin a auga nin a monte alude, senón que viría do antropónimo Aurius a través do seu hipocorístico Auriolus (en francés Oriol e Auriol), ou incluso do adxectivo latino aureolus «de ouro, precioso, encantador». Ad libitum (como gusten).