O mito dos magos de OrienteNarrativa

ROMÁN ARÉN

FIRMAS

26 oct 2012 . Actualizado a las 15:30 h.

O autor de A estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos, Pemón Bouzas, é natural de Palmeira, e até agora era coñecido en castelán polas súas novelas El informe Manila (2005), narración histórica sobre a galega Isabel Barreto e o descubrimento dos mares do Sur no século XVI, e no 2008 por Luces del Norte, ademais de dous libros sobre lendas e lugares curiosos e máxicos de Galicia, Mitos, ritos y leyendas de Galicia e 100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida, cun estilo xornalístico áxil, aparecidas en 2010.

En galego, acaba de publicar esta novela infantoxuvenil que recrea o mito dos magos de Oriente, orixe de moitas e importantes obras literarias e pezas artísticas e de devoción nas distintas ponlas da cristiandade. Está ilustrada con moita calidade por Marcos Calo, narra a historia de Acid, un rapaz que é recollido por un dos magos de Oriente que van camiño de Belén. O mago Apelio vaise reunir con Amelio e con Malgalath, o druída das nacións celtas.

Non pode certamente, nin é a súa pretensión, con pezas da tradición occidental, como Os Reis Magos de Michel Tournier -tradución de Valentín Arias-, pero é unha noveliña ben escrita, cun ritmo moi axeitado para a idade á que vai dirixida, e un ton moi persoal

«A estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos»

Pemón Bouzas. Vigo (Xerais, 2012) 63 páxinas