Os pragueiros

ISABEL SANTOS

BARBANZA

01 oct 2012 . Actualizado a las 22:20 h.

Un amigo de Ribeira faloume da expresión «está feito un mar de pragueiros» para indicar que alguén está nun estado de ánimo lonxe da serenidade ou ataraxia, que nos tempos presentes nos é tan difícil de manter.

Porque, efectivamente, estamos tan bravos coma o mar no faro de cabo Corrubedo, cando bate nos baixos d?A Marosa, de Corrubedo ou d?Os Pragueiros, levando e traendo as augas atlánticas nun estrondo do fin do mundo.

Malia que nos gustaría traer unha etimoloxía relacionada coas «pragas» ou cousas peores, teño que renderme á evidencia de que un suculento peixe: o prago (pargo, en castelán) é a orixe causante de «Pragueiros» e tamén da fermosa praia de Sanxenxo: Praia Pragueira.

O pagrus pagrus (así se chama en latín o animaliño) habita nunha grande parte do océano e ten boa sona nos nosos mercados.

Seguramente haberá menos pragos hoxe que cando se comezou a chamar así, e, sen dúbida, dentro dun período breve de tempo tampouco estaremos feitos «un mar de pragueiros» porque este terrible temporal terá amainado.

Seguro.