A lectura axiliza a mente e mellora a expresión

La Voz

PLATA O PLOMO

CEDIDA

01 oct 2012 . Actualizado a las 22:17 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, cando o mundo está en completo silencio.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Porque escoito falar del. Tamén a visita a tendas de segunda man mirando o título, pola portada...

3. Que lle aporta a lectura? Non só pasar o tempo, pois axiliza a mente e mellora a expresión. E esa relación íntima coa obra e cos seus personaxes.

4. Os seus libros favoritos. Agora estou enganchado a Canción de hielo y fuego, de G. Martin. Tamén gocei de Lolita, de Nabokov; ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, de K. Dick; La naranja mecánica, de A. Burgess; Crónicas Vampíricas, de Anne Rice...

5. Un xénero literario. Quédome coa fantasía épica.

6. Un personaxe e un espazo literario.

Álex, de La naranja mecánica; a Terra Media, de Tolkien.

7. Que está a ler agora? Fausto Eric, de Terry Pratchett.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Álvaro Cunqueiro e Anne Rice.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Cine e series de televisión. Os estudos e os amigos.

10. Unha paisaxe na Barbanza digna de libro. Moitas, pero a fervenza da Madanela... ou a Curota.