«Buscamos espertar nos rapaces a paixón pola música»

Álvaro Sevilla Gómez
álvaro sevilla RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Espera que a escola de Lousame non deixe de medrar

11 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai uns días pechouse o terceiro curso da escola de música de Lousame, no que participaron os alumnos do centro e a banda municipal da vila. Parte dos aplausos que recibiron rapaces, profesores e músicos pertencen tamén ao director da banda municipal, César García Traba, o cal ten como unha das súas principais metas inculcar nos rapaces máis pequenos a paixón e o gusto pola música.

-¿Como foi o acto?

-O festival dividímolo en dúas partes: en primeiro lugar tocaron os máis mozos e despois actuou a banda municipal, xa que celebrábamos a chamada para asistir ao sexto Certame Galego de Bandas de Música.

-¿Cumpríronse as previsións de aforo?

-Foron superadas con creces. Achegouse máis xente da que tiñamos en mente, tivemos que cambiar a hora por mor da final da Eurocopa, pero a pesar da calor e do cambio de horario, houbo tanta xente que algunha tivo que quedar de pé.

-¿Responderon os rapaces ás esperanzas que tiñan neles?

-Deron un grandísimo concerto onde demostraron o traballo que levan feito durante todo o ano. Primeiro tivemos concertos individuais onde os cativos tocaron pezas adaptadas de músicos como Mozart, Bach ou Tchaikovsky, e logo a Banda Infantil, formada por 25 rapaces de idades comprendidas entre os 6 e o 17 anos, tocou a banda sonora da película Titanic. Esta iniciativa comezámola o ano pasado e ademais de ser unha excelente rodaxe serve como trampolín cara a banda municipal.

-¿Cal é o obxectivo da escola de música?

-Ao ser unha escola máis ben modesta, damos unha formación de base, buscamos espertar nestes mozos a paixón pola música, queremos que traballen en equipo, que fagan amizades, que se axuden uns aos outros. Por outro lado, a escola ten fixado un obxectivo a longo prazo, que é poder mellorar o nivel educativo que temos agora mesmo, queremos traer máis profesores para que a atención aos cativos mellore.

-¿Responden os rapaces ao que tedes preparado para eles?

-É unha satisfacción ver como todos avanzan, como uns tiran dos outros para mellorar día tras día. Continuamente se están incorporando rapaces á banda municipal e aos diferentes conservatorios da zona, son unha minoría os que abandonan a escola.

-¿Destaca algún rapaz por enriba do resto?

-Polo de agora non temos ningún Mozart, pero xa se verá, o que si sorprende é ver rapaces de 7 anos que se desenvolven e que asimilan con moita facilidade os diferentes instrumentos.

-A banda municipal participará no sexto Certame Galego de Bandas de Música. ¿Hai esperanzas de acadar unha boa posición?

-Queremos facer un bo papel, manter a segunda posición que acadamos o ano pasado sería toda unha satisfacción. Aínda así temos a ilusión de poder gañar, farémolo o mellor posible, ir a un certame autonómico é toda unha honra.

-¿Que lle espera á Escola de Música de Lousame o vindeiro ano?

-Gustaríanos superar os cen alumnos; a pesar da humildade do centro, a xente está respondendo moi ben á nosa iniciativa; queremos seguir medrando todos xuntos.

César GARCÍA TRABA PRESIDENTE DA BANDA DE LOUSAME

«Continuamente se están incorporando cativos á banda municipal»

RIBEIRA

Rosalía de Castro, 25 981 871 045

BOIRO

Cespón 981 862 634

NOIA

Comercio, 1 981 820 486

OUTES

Ceilán, s/n 981 850 906

MUROS

Esteiro 981 763 064

MAZARICOS

Progreso, 1 981 852 051

CARNOTA

Rúa Carrasqueira, 31 981 857 031

PORTO DO SON

Tarrío, 144, Queiruga 981 768 519

A POBRA

Díaz de Rábago, 1 981 830 430

RIANXO

Irmáns Insua, 23 981 860 108

PARADAS DE TAXI

Boiro 981 844 084

Carnota 981 857 036

Muros 981 826 227

Noia 981 820 195

A Pobra do Caramiñal 981 830 420

Portobravo (Lousame) 981 820 708

Porto do Son 981 853 141

Rianxo 981 860 236

Ribeira 981 870 466

Serra de Outes 981 850 085