Nenos de Rianxo corren e len en homenaxe a Valentín Paz Andrade

BARBANZA

Participaron 140 pequenos, ademais de moitos pais e profesores

16 may 2012 . Actualizado a las 15:35 h.

Os pequenos do Colexio Rural Agrupado de Rianxo, que aglutina nove escolas e doce aulas, reuníronse esta mañá no Campo Maneiro de Taragoña (Rianxo) para gozar das vésperas das Letras Galegas. Alí, os 140 nenos e tamén os maiores (achegáronse moitos pais, ademais de mestres) participaron nunha carreira polas letras e tamén estiveron atentos a un acto literario en homenaxe a Valentín Paz Andrade, no cal repasaron a súa biografía e recitaron o poema "Pranto matricial". Logo, todos xuntos, deron conta dunha completa merenda.