«Traballaremos dentro da FEB todo o que nos deixen»

La Voz

BARBANZA

11 mar 2012 . Actualizado a las 07:03 h.

-¿Ten previsto tomar algunha medida relacionada coa presenza de gandeiros como socios?

-A propia denominación da sociedade recolle aos empresarios e profesionais autónomos. A gandería en Mazaricos é un dos motores principais da súa economía. Non só creo que os profesionais do campo deben pertencer á entidade, senón que imos facer todo o que estea dentro das nosas posibilidades para axudalos. A miña aposta neste sentido é tan clara que tres persoas da directiva están relacionadas directamente con este sector.

-¿E que me di sobre a posibilidade de abandonar a Federación de Empresarios do Barbanza para integrarse na da Costa da Morte?

-En principio non prevemos esa posibilidade. Estamos en contacto cos veciños da Costa da Morte pero, de momento, estamos ben onde estamos e non imos cambiar. Traballaremos dentro da Federación de Empresarios do Barbanza todo o que nos deixen.

-Pese a que teñen previsto manterse dentro da FEB, cabe indicar que pouca relación teñen vostedes con Ribeira ou Rianxo, por exemplo.

-Pero si que temos vinculación con outros dos seus membros, como é o caso de Outes, Carnota ou Muros, que ven sendo o mesmo. Creo que neste tipo de entidades hai que tentar unir e non separar. A unión resulta sempre moito máis efectiva e proveitosa.