«Puxemos os castros de Neixón no mapa»

O arqueólogo destaca a importancia do xacemento como recurso turístico


02/09/2007 02:00 h

Xa choveu dende que Xurxo Ayán Vila, o director das escavacións arqueolóxicas de Neixón, e outros seis compañeiros chegaron a Boiro coa pretensión de investigar nun dos xacementos de renome en Galicia. Foi no 2003. Sete anos despois, soamente con dar unha volta polo poboado castrexo a un quédalle claro que se andou un largo e frutífero camiño. «Algo si que fixemos», afirmaba onte con sorna Xurxo Ayán mentres, como sucede ao final de cada verán, recolle as maletas xa co pensamento posto nos traballos que a vindeira tempada estival os volverá traer ao municipio. -Remata unha nova campaña en Neixón. E van aló cinco dende que o Concello de Boiro, a Xunta e o Instituto Padre Sarmiento iniciaron un proxecto de colaboración en Neixón. ¿Hai tanto que investigar?

-Hai moitísimo que investigar. Cómpre ter en conta que o xacemento de Neixón é moi especial porque sen ter ao mellor a espectacularidade do de Baroña, posúe unha gran importancia a nivel científico. De feito, hai que dicir que actualmente é un dos proxectos de investigación destas características con máis continuidade en Galicia.

-Pois tradúcese en que grazas ás investigacións que se levan facendo en Neixón, por exemplo, pódese saber moitísimo do comercio entre os habitantes castrexos cos pobos mediterráneos e púnicos.

-Non. Este é moi especial porque polo Ulla, que foi navegable durante moito tempo, chegaba un comercio moi importante. Os poboadores de Neixón traían moitos produtos de Andalucía, que chegaban polo río. E eles viñan ás Rías Baixas porque era unha das zonas máis ricas, e nese sentido Neixón é moi importante. -¿Por iso se atopou tanta cerámica do Mediterráneo? -Efectivamente. De aí ven que nas nosas escavacións atopásemos moitas ánforas ou recipientes de Andalucía ou mesmo de Palestina. E, por suposto, que tamén aparecese moita cerámica de Ibiza, Málaga e Huelva e un perfumario dos que soamente se atoparon exemplos semellantes tanto en Andalucía como en Portugal. -¿Tamén os fai importantes o feito de que haxa dous castros, o Pequeno e o Grande, pegados un ao outro? -Por suposto. É un dos poucos casos no que isto acontece. Iso permítenos ver como evolucionou a cultura nun espazo moi amplo de tempo, porque en Neixón houbo actividade durante moitos séculos. É dicir, cando outros lugares se abandonaron aquí seguiu habendo actividade. De feito, temos documentadas dúas casas do século un despois de Cristo que son dun estilo galaico-romano. Nelas vese que gardan a estrutura redonda, pero que xa se empezan a aplicar algúns retoques distintos aos da propia época castrexa. -Falou de achados, xa que logo, de escavar, pero vostedes non soamente escavan. -Non. Por exemplo, este verán, houbo que restaurar. Facer traballos para que os castros poidan ser visitables e, sobre todo, para que quen acuda a eles se poida atopar con cousas de interese. Hai que enchelos de contido. O arqueólogo non pode ser un tipo que pase o tempo escavando cousas para que non lle interesen a ninguén. -Vamos, que os castros de Neixón tamén poden ser, ou xa son, un recurso turístico de primeira na comarca. -Deben selo e penso que no caso de Neixón, conxuntamente co centro arqueolóxico, iso se conseguiu. Sobre todo, porque se fixeron esforzos para dotalo de contido. Hai que pensar que cando chegamos aquí apenas se coñecía o que había e que, agora, son moitas as persoas que visitan o poboado. Por dicilo dalgunha maneira, puxemos os castros de Neixón no mapa. -E tanto. Ata se celebra un campo de traballo internacional neste entorno. -Si. As caras novas que veñen cada ano apórtanlle vida. É unha fonte de riqueza cultural enorme contar coa súa participación.

Votación
0 votos