«Gústame defender os dereitos da xente»

La Voz

BARBANZA

ASCÓN

NÚMERO 3 DE IPR

15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Quen son? Chámome Ángeles Fernández, pero todos me chaman Gelucha. Nacín en Olveira no 1956. Estou casada e teño tres fillos. Son secretaria da entidade Nós Mesmas. Gústame calcetar, ler, facer licores, coller cogomelos e pasear. ¿Por que estou en política? Gústame defender os dereitos da xente, especialmente se son veciños de Ribeira. Quedo moi satisfeita cando teño a oportunidade de resolver un problema. Levo con IPR dende a súa fundación e o certo é que sempre me interesou a política. Dende logo, non son unha profesional, nin moito menos. Pode dicirse que eu son unha política de parroquia, desas persoas ás que lles interesa resolver as carencias que afectan ao lugar no que viven. Podo dicir que a localidade na que vivo ten moitas carencias a nivel de servizos, tanto básicos como de carácter social. Os veciños de Olveira precisan de alguén que os escoite e que se moleste por arranxar as cousas. Ás veces prodúcense situacións de enorme indefensión que é necesario resolver e, para iso, o mellor que contar cun aliado que coñeza as dificultades e teña capacidade para xestionar as solucións. En IPR somos un gran equipo, xente preocupada polos veciños. Non temos ningún outro interese e non estamos obrigados a render contas a ningún gran partido.