Folk no Alobre para darlle vida a un espazo tremendo

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

05 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

29 de xullo • Dende as 11.00 • Gratuíto • Parque Enrique Valdés Bermejo • Hai varias verdades indiscutibles. Dúas poden ser que o entorno do Castro Alobre é un grande descoñecido para moitos vilagarciáns e que unha romaría pode ser un xeito marabilloso de pasar un día en familia. Para xuntar estas dúas circunstancias indiscutibles nace o Folk no Alobre, a primeira romaxe urbana que terá o parque Enrique Valdés Bermejo como lugar de convivencia. Arrancará as once da mañá co grupo Os demos da pataca e haberá obradoiros, de baile e de fabricación de tarrañolas, e tamén moita música. E un xantar, no que cadaquén deberá levar a súa comida.

Por alí andarán tamén Primordiais, Habelas Hainas e Carapaus. Todo se estirará ata a hora que cadre e coa esperanza de que a ocupación dun espazo tremendo poda asociarse, por fin, a gozar nel e a coñecer parte da historia de Vilagarcía.