O C.T. O Rial, protagonista na Gala do Tenis Galego

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

Catro promesas do club arousán recolleron sendos recoñecementos da Federación o pasado sábado en Pontevedra

17 ene 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

O Pazo da Cultura de Pontevedra citou o pasado sábado o groso do deporte da raqueta da nosa comunidade na vixésimo oitava edición da Gala do Tenis Galego. Unha cita que servíu para recoñecer os grandes protagonistas do ano 2016, e que contou cun ampla presenza arousá. Concretamente, da mans das catro maiores promesas que durante o ano pasado evolucionaron nas instalacións e da man do corpo técnico do Club de Tenis O Rial.

Así, Manuel Fernández subíuse ao estrado da gala para recoller o galardón que o recoñeceu coma campión alevín do Circuito Babolat e coma subcampión galego alevín de dobres. Luis Montull fixo o propio en calidade de vixente campión autonómico júnior de dobres; título este que colleitaba man a man co seu compañeiro de club Ricardo Vidal, quen ademais era presentado no Pazo da Cultura de Pontevedra coma subcampión individual júnior no 2016.

Tampouco podía faltar o recoñecemento ao maior proxecto arousán de tenista profesional, a vilagarciá Jéssica Bouzas, ausente por atoparse xogando en Abu Dabi, e recoñecida coma campioa galega cadete individual e de dobres, e campioa de España infantil de dobres.