O Cortegada volta á zona de promoción

Vilagarcía / La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Figura empatado cun balance de 3-1 co segundo e co terceiro clasificados

25 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O triunfo inmisericorde do Kemegal Cortegada sobre o pechacancelas, o Universidad de Oviedo, 36-77, devolve o conxunto vilagarcián á zona de play-off de ascenso, terceiro co mesmo balance de 3 triunfos e 1 derrota có segundo, o Sant Adriá, e có cuarto, o C.B. Arxil. O Aros Patatas Hijolusa continúa á fronte da táboa clasificatoria cun balance inmaculado de 4-0.

O vindeiro sábado, ás 19.30 en Fontecarmoa, o Cortegada xogará o seu primeiro derbi galego da tempada, co Ensino.