«Facemos ??blues viejuno?? dende os anos 20 cara ao noso terreo»

VILAGARCÍA DE AROUSA

. cedida< / span>

O blues anega rúas e prazas de Vilagarcía; na súa primeira xornada, o festival ábrese para unha banda galega

22 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ben, chegou o momento. Hoxe, a iso da unha da tarde, o alcalde, Alberto Varela, soprará o harmonicazo que dará saída a Vilablues, o festival que Vilagarcía quere consolidar coma referente do blues en Galicia. Abrirán lume o italiano Stefano Ronchi e os seus convidados, cunha sesión vermú no escenario da Baldosa. Xa á noite chegará, na praza do Castro, a quenda da Vilablues Band, formada por Edu Manazas, o propio Stefano e os Barez Bros á sección rítmica. De seguido, dende Compostela, Andhrea & The Black Cats. O feito de ter nacido en Alacante non é obstáculo para que Andrea fale un excelente galego.

-¿Como foi o de vir a Galicia?

-Vin aquí rematar a carreira de Educación Social e xa quedei. Traía o virus da música, pero só un pouquiño. Eu tocaba nun grupo en Ibis, a miña vila en Alacante, e fixemos un concerto, pouco máis. Iso si, cantaba todos os domingos no coro da igrexa.

-Pois iso soa moi «bluesy». ¿Como xorde entón a banda?

-Si, queda como moi propio, ¿verdade? O caso é que me din unha marxe para tentar entrar na música. E no 2008 coñezo a Ignacio Tosar, el contactou con Figui [Ramón Figueira, harmónica] para botar a andar algo de blues, un estilo no que nunca me metera antes. Pero pensei que a miña voz se podía adaptar ben e aí empezamos. Logo Ramón quixo facer un proxecto paralelo, un pouco máis acorde ás súas ideas, sen estancarse en dous ou tres músicos, ampliando as nosas miras. Saír dos temas típicos, aínda que hai temas clásicos que tocamos, levándoos ao noso terreo. Ao desfacerse a Delta Blues chegou Benjamín Vázquez [guitarra] e xorde xa Andhrea & The Black Cats.

-Seica o grupo mergúllase nas gravacións máis antigas do blues dos anos 20.

-Eu sempre digo que facemos «blues viejuno». Tentamos recompilar temas dende os anos 20, temas que a xente apenas coñece, e quitalos un pouco á luz outra vez. Hai moita complicidade e iso transmítese na nosa música. En Vilagarcía estaremos con Álvaro Trillo á caixa, timbal, pandeireta e a quincallada, como lle chamamos nós as pequenas percusións.

-Falando de Vilagarcía, ¿que lles parece esta idea dun festival que se consolide ano a ano?

-O blues en Galicia está collendo moita forza. Hai moito movemento comparado có que sucede noutras comunidades coma a miña, en Levante. Hai festivais bos, pero ningún tan concreto, centrado no blues... Está moi ben.

Programa para hoxe

Evento Hora

Harmonicazo 13 horas A Baldosa

Sesión vermú con 13 horas Stefano Ronchi A Baldosa

Vilablues Band 23 horas Andhrea & Black Cats O Castro