«Hai tramos nos que as tuberías desfanse nas mans ao tocalas»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

01 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Lino Mouriño combina as responsabilidades de Medio Ambiente e Obras no goberno que lidera Alberto Varela. Do seu departamento depende todo o relacionado co saneamento e o alcantarillado.

?¿Como se atopa a rede?

?En xeral está bastante mal. Hai que pensar que non poucos tramos son moi antigos xa, e que nin se tocaron en vinte anos. Así pasan algunhas cousas...

?¿Como que?

?Pois que nalgúns tramos as tuberías se desfagan nas mans con só tocalas. Iso non mo tivo que contar ninguén, vino eu cando traballamos nas Carolinas. Un problema que semellaba puntual acabou converténdose na substitución de setenta metros de conducións porque a que existía, de fibrocemento, íase esnaquizando e non dabamos atopado unha base sólida e firme para conectar a nova tubería.

?¿Que hai da depuradora? Espina e Delfín xa advertiu ao anterior goberno da súa saturación.

?O problema, polo visto, non está tanto na depuradora coma no pretratamento, que efectivamente está saturado. Coa substitución dos principais bombeos a situación, con todo, foi mellorando. O que si temos claro é que este tipo de investimentos son imprescindibles. Como adoito dicir, son cartos que non se ven, pero si se notan, e moito, cando as cousas funcionan mal.