Aberta a inscrición no Slalom Memorial Xosé Ramón Santos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VALGA

Nacho Feijoo

A proba disputaráse en Valga o día 29, e o prazo para apuntarse os pilotos finalizará dous días antes

11 jul 2017 . Actualizado a las 20:40 h.

O Concello de Valga e a Escudería Charli Romeo voltan organizar o Slalom Memorial Xosé Ramón Santos. Será o vindeiro día 29, nunha duodécima edición puntuable para o Campionato Galego da modalidade, nun circuito habilitado na contorna da zona deportiva de Campaña.

A competición, que lembra o exconcelleiro de Valga Xosé Ramón Santos, falecido no 2005, admite vehículos de turismo desde a agrupación I ata a VI, con carrocería pechada ou teito duro, dun mínimo de dúas prazas e que estean homologados, proveñan de series de fabricación e estean en posesión da ITV e seguro obrigatorio.

Os pilotos deben inscribirse antes das 23 horas do día 27. Obtendo o formulario na páxina da Federación Galega de Automobilismo, e enviándoo cuberto ao correo electrónico escuderiacharliromeo@gmail.com.