Manuel Fontán e Carla Frieiro, campións da Copa Cadete 1000

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

O Náutico Pontecesures cede o liderado na Liga Nacional de Jóvenes Promesas, e cae ao terceiro posto

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras o selectivo para os equipos nacionais españois absoluto no Campionato de Europa e Sub-23 e Júnior no Europeo e no Mundial, o encoro asturiano de Trasona servíu a pasada fin de semana de escenario da Copa de España de Jóvenes Promesas Cadetes de 1.000 metros. Unha cita con dous campións arousáns e un terceiro podio da zona.

Os títulos foron para a gran promesa da canoa do Salnés, Manuel Fontán Señoráns, que lucíu o escudo do Náutico O Muíño de Ribadumia no máis alto do podio do C-1 A, cun crono de 4.38,990 e unha enorme superioridade, a 4,8 segundos do segundo clasificado, Nicolás Sprimont, do Náutico Port Pollença. Unha actuación semellante asinaría dez minutos despois Carla Frieiro Carril, das Torres-Romaría Vikinga, vencedora da proba de K-1 A feminina en 4.27,801, 5,073 segundos menos cá segunda, Lucía Zamora, do E.P. Aranjuez. O C-4 masculino das Torres rematou segundo.

Por equipos, o Náutico Pontecesures non puido reter o primeiro posto da Liga Nacional de Promesas, sexto en Trasona e agora terceiro na xeral.