O Ribadumia ficha do Cerceda o interior Sub-23 Róber

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Trátase dunha incorporación pensada en clave de futuro

19 ene 2017 . Actualizado a las 12:25 h.

Roberto Otero Portela (Noalla, Sanxenxo, 17 de xaneiro de 1996) vénse de incorporar á disciplina do C.D. Ribadumia coma novo xogador ás ordes de David Sierra. O interior Sub-23 chega procedente do Cerceda, equipo no que daba o salto á Terceira División o pasado verán tras ser un dos referentes do Portonovo a tempada anterior con 8 goles en 2.973 minutos de xogo na Liga de Preferente Sur.

Tras completar a súa formación no Pontevedra, dando o salto a sénior no filial de Primeira Autonómica, Róber non estaba a ter no Cerceda, nin moito menos, o protagonismo do que gozou en Portonovo. Con tan só 176 minutos de xogo no cadro coruñés, saíndo sempre como recambio desde o banquiño.

O C.D. Ribadumia ve a contratación de Róber coma unha operación de futuro, se ben con maior capacidade para sumar no equipo cá Cristopher e Novegil, ós que se lles buscou acomodo no Pontevedra B e no Xuventú Sanxenxo.