David Sierra, ata agora segundo do Celta B, novo adestrador do CD Ribadumia

vilagarcía / l.a voz

RIBADUMIA

O club aurinegro ficha tamén o interior dereito Hugo, procedente do Sanxenxo. O Arousa renova a Alfonso e prescinde de Pablo Vázquez

01 jul 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

José David García Sierra, máis coñecido no mundiño do fútbol como David Sierra, é desde onte o novo adestrador do Ribadumia. Un técnico pontevedrés do perfil desexado pola directiva aurinegra, en liña co seu predecesor Félix Cao «novo, que gusta de traballar con xente nova e que aposta polo fútbol de toque», explicaba onte o presidente do club, Alberto Vázquez. E como Cao, con ganas de facerse un nome logo de dirixir o conxunto de División de Honra Xuvenil do Celta hai dúas tempadas, e de ser o segundo de David de Dios no filial vigués no pasado exercicio. Ademais o Ribadumia fichou o interior Hugo Jiménez, procedente do Sanxenxo.

Alfonso renova no Arousa

A directiva do Arousa anunciaba onte a renovación do central Alfonso, que con 28 anos cumprirá a súa terceira campaña no equipo vilagarcián. Asimesmo, o club deulle a baixa a Pablo Vázquez.