Cinco padexeiros arousáns inician o Mundial Júnior e Sub-23 en Rumanía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTECESURES

CEDIDA

María Pérez (Náutico O Muíño), Carla Frieiro (As Torres-Romaría Vikinga), Natalia García e Noel Domínguez (Breogán do Grove) e Camila Morison (Náutico Pontecesures) pelexarán dez medallas

27 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Campionato do Mundo Júnior e Sub-23 de Pista dispútase entre hoxe e o domingo na localidade rumana de Pitesti, con cinco padexeiros de catro clubs arousáns na selección española. Os cinco, coa vista posta na pelexa polas medallas do sábado e do domingo.

María Pérez, do Muíño, é a primeira en buscar o pase a unha final, no C-1 500 Júnior, que tamén procurará no C-2 200 e 500. O júnior madrileño do Breogán Noel Domínguez compite no C-2 1.000, e Carla Frieiro, das Torres-Romaría Vikinga e tamén júnior, inicia hoxe o camiño do K-4 500, e mañá o do K-2 500. En Sub-23, Natalia García (Breogán) e Camila Morison (N. Pontecesures) compiten no K-4 500, coa primeira ademais no K-1 200 e coa segunda no K-2 500.