O derbi esténdese á Primeira División co Calmear-Teucro

La Voz

O GROVE

21 ene 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

Xusto antes do derbi da Primeira Autonómica Feminina, no veciño O Grove, o Calmear Rasoeiro e o Teucro B dirimen hoxe no Pavillón Monte da Vila (18 horas) o partido inaugural da segunda volta da Primeira División Nacional, a categoría de bronce do balonmán masculino español. Un choque no que os de Kito Parada tentarán facer valer o factor cancha para impoñerse ao seu compañeiro de ascenso o pasado verán, e comezar a escalar postos de cara a saír canto antes da zona de perigo. Pola súa parte, o Circuitos Galicia Asmubal recibe na Segunda Autonómica o Balonmán Deza, en duelo entre sétimo e quinto clasificados.