Quince anos repetindo un repertorio festivo que non se esgota

La Voz

CATOIRA

Recambios Tucho agarda gravar novos temas este verán
Recambios Tucho agarda gravar novos temas este verán

15 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe???00 horas???Catoira???A Rúa???De balde?? Debe ser o de Recambios Tucho o disco mellor rentabilizado na historia do rock galego. Foi editado no 2001. Así que levan 15 anos os do Barbanza exprimindo aquelas 15 memorables cancións, ás que se foron engadindo algunha nova composición. Non moitas. Nin faltan que lles fan.

Porque os concertos de Recambios Tucho son unha sorte de comunión colectiva na que o persoal o que quere é entoar -ou desentoar, según sexa o caso- todos aqueles himnos, que xa os foran nas súas versións orixinais e que agora volven a selo tras pasar polo taller de recauchutado da banda barbanzana.

A desta noite en Catoira será unha desas festas nas que resulta complicado predecir a escea final. Unha noite desas nas que todo pode pasar. O caso é vivila.