Mari Paz y Boquete, as únicas grandes ausentes no Galicia Norte-Sur

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

A organización anuncia as 40 integrantes dos dous combinados que se medirán mañá en Burgáns

24 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados e a Revista do Fútbol Feminino Galego fixeron onte públicos os nomes das 40 xogadoras que mañá, a partir das 12.30 no campo de Burgáns, inaugurarán unha nova rivalidade. A da seleccións de Galicia Norte e de Galicia Sur, que por vez primeira se verán as caras na que pretende ser a gran festa do balompé feminino galaico.

As dúas estrelas galegas, Vero Boquete e Mari Paz Vilas, e Anair, esta última por lesión, son as únicas grandes ausentes. A primeira descansando tras disputar recentemente a final da Champions nas filas do PSG, e a vilagarciá, debendo incorporarse o luns á concentración da selección española que participará en xullo na Eurocopa.

 

Sp. Braga, e a NCAA americana

O equipo técnico do combinado de Galicia Norte, formado por Diego Fernández (Peluquería Mixta Friol), por Marcos Mato (Victoria C.F.) e por Alberto Golán (Tordoia S.D.), convocou a Sheila Fernández (P.M. Friol), Patricia Carballo (Atlético Madrid B), Paula Vázquez (Victoria), Nerea González (Victoria), Nerea Carballo (Victoria), Fany Varela (Friol), Tatiana Tenreiro (Friol), Carla Pérez Tomy (Victoria), Eva Pérez (Friol), María Vidal (Mercyhurst Laker University -NCAA universitaria dos EE.UU-); Lucía Pardo (Friol), Goretti Neira (Friol), Lucía Otero (Tordoia), Lara Gómez (Victoria), Natalia Sánchez (Sporting Braga), Laura Souto (Friol), Raisa Méndez (Friol), Natalia Llames (Victoria) e, como convidadas, Noemí García (O Val) e Selenia Blanco (Tordoia).

 

José Ramón Chicho Val, (Atlántida Matamá), David Ferreiro (Atlántida Matamá) e Adrián González (Sárdoma) son os encargados da elección e dirección técnica das 20 integrantes do equipo de Galicia Sur, formado por: Kily Pérez (Atlántida Matamá), Ainoa Galarza (El Olivo), Cecilia Fernández (Sárdoma), Anita Fontán (Sárdoma), Marjorie Allo (Club Jvuventud Cambados), Candela Novo (Rúa Valdeorras), Helena Ferreiro (U.D. Ourense), Sarita González (Granadilla Tenerife Sur), Noelia Pereira (Atlántida Matamá), Clo García (Sporting Braga), Sara Debén (A. Matamá), Lorena Codeseda (A. Matamá), Sara Alonso (Sárdoma), Paula Alonso (A. Matamá), Lara Martínez (A. Matamá), Pauleta Domínguez (Sporting Braga), Andrea Mirón (Sporting Braga), Carolina González (Oiartzun) e as convidadas Luci Fernández (A. Matamá) e Laura Vázquez (A. Matamá).

 

Haberá un gañador si ou si, cunha quenda de penaltis de ser preciso, e tamén un trofeo á mellor xogadora, que elixirán os seis técnicos de forma consensuada. E pola tarde, no Auditorio Municipal de Cambados, a Gala do Fútbol Feminino Galego pechará a xornada, a partir das 19.30 horas.