O Mecos FG tumba o líder, e o Dorna FG vence o Cambados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Grovenses e illlenses presionan o Auriense polo ascenso á Primeira División Galega

29 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Liga Galega da Segunda División Masculina de Fútbol Gaélico colle a derradeira curva cos dous equipos máis veteráns de Arousa apuntando ao ascenso. E é que se ben o Auriense se mantén líder, as súas opcións caeron en picado logo de encaixar a súa terceira derrota a mans do Mecos F.G., 8-10 (34) a 2-12 (18). E máis co Dorna FG vencendo a domicilio no derbi comarcal o Cambados Gaélico 0-08 (8) a 7-16 (37).

O Auriense suma 14 puntos, os mesmos có Dorna, segundo pero con dous partidos menos, e co Mecos terceiro con 12 puntos e tres choques menos.