O Concello de Cambados inicia os trámites para implantar a administración electrónica

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

Hoxe foi presentada a ferramenta esPublico Gestiona aos membros do goberno local

03 ene 2017 . Actualizado a las 16:43 h.

A empresa seleccionada dentro do proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra para a implantación da administración electrónica en Cambados iniciou no día de hoxe os tramites para dar comezo a este proceso. Hoxe foi presentada a ferramenta esPublico Gestiona aos xefes de departamento e a alcaldesa de Cambados xunto cos concelleiros Xurxo Charlín e Miguel Pérez e estableceuse o calendario de implantación no Concello xunto cos pasos a dar. Nun primeiro momento establecéronse uns obxectivos comúns, como é o de camiñar cara o expediente electrónico e adaptar o Concello de Cambados a lexislación vixente nesta materia, permitindo o dereito ás veciñas e veciños de Cambados a tramitar de forma electrónica os expedientes e poder tramitar con outras administracións expedientes electrónicos, para o que se estableceu unha metodoloxía baseada en tres piares: ter unha boa ferramenta informática, unha actualización xurídica precisa, e unha correcta xestión do cambio.

Comezarase polo rexistro municipal, no que se vai a introducir que tódolos documentos que entren ou saian do Concello van ter que estar en papel e tamén en soporte dixital, para poder rematar coa sede electrónica, que permita os cidadáns presentar ou consultar tramites a través da sede electrónica do Concello. «O Concello de Cambados vai implantar unha ferramenta colaborativa entre os departamentos do concello e grazas a esta colaboración os cidadáns van poder obter unha maior información dos seus expedientes, aumentando a transparencia municipal», segundo sinala a alcaldesa, Fátima Abal.