«Somos unha mestura entre enerxía e rebeldía»

sara meijide / B. c.

CAMBADOS

. cedida

El grupo actúa esta noche en Cambados

27 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Dakidarría é un dos grupos máis potentes do cartel do Festival Xironsa que remata esta noite en Corvillón (Cambados). Esta banda galega mestura nas súas combinación o ska, o punk e o reggae para «transmitir todo un conxunto de emocións».

-¿Preparados para a actuación desta noite?

-Si. Vai ser un concerto cheo de enerxía e rebeldía. Un concerto no que se verá o que somos.

-O galego e o castelán conviven nas vosas cancións ¿É a música un bo vehículo cultural?

-Sen dúbida. Ultimamente apostamos máis polo galego porque nos decatamos de que comezaba a sufrir unha maior discriminación.

-A reivindicación sempre está presente nas vosas letras...

-Considerámonos buscadores da verdade, por iso mesmo. Buscamos xustiza e tamén levantar o ánimo, que cada un pida o que é seu.

-¿Animades a acudir á festa?

-Por suposto, para esquecer problemas e mover o esqueleto.