Xuven Cambados e Kemegal Cortegada botan andar a medio gas

Vilagarcía / La Voz

CAMBADOS

Comezan traballar cunha parte reducida dos planteis

24 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O 1 de outubro é a data compartida pola LEB Prata e pola Liga Feminina 2 para o comezo das súas respectivas fases regulares 2016/17. Os dous representantes arousáns nelas, o Xuven Cambados e o Kemegal Cortegada, veñen de comezar esta semana a súa posta a punto. Ambos, a medio gas, coa previsión de normalizar o seu traballo a vindeira semana coa incorporación paulatina de todos os efectivos dos seus planteis.

Manu Santos dirixíu as súas primeiras sesións de adestramentos con tan só tres homes da nómina de LEB Prata, Adrián Chapela e os irmáns Érik e Sergi Quintela, acompañados por varios xogadores do filial de Terceira Autonómica. A previsión é que Charles Nkaloulou se sume mañá xoves, Shota Gelazonia e Pedro Romera o sábado, e xa a semana que vén, Juan Rubio o martes, Matt Don o xoves, e o 6 de setembro Manny Ogunfolu e Brantley Osborne.

No Cortegada Rubén Domínguez traballa con Sara Gómez, Míriam, Sofía e Antía. Salomé chegará o vindeiro martes, e o día 1 o resto das xogadoras, Amy Syll e as dúas fichaxes desta tempada, Belén Mejías e Andrade Vandell.