Imagen:

Mil e unha actividades polas Letras Galegas

Non hai recuncho da comarca arousá no que hoxe non se recorde a Carlos Casares


Non hai recuncho da comarca arousá no que hoxe non se recorde a Carlos Casares. A programación polo Día das Letras Galegas e tan ampla como diversa, e fai un oco, a Rosalía de Castro, es os seus “Cantares gallegos”.

 

Vilagarcía

A programación se concentrará en Carril. Os actos iniciaranse ás 11.00 horas co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Malveiras. Media hora despois, o local social Gato Negro acollerá a conferencia sobre a vida e obra de Carlos Casares. Haberá tamén moita música: Rondalla Gato Negro actuará ás 12.30 en a praza da Liberdade e Emilio Batallarán fará o propio ás 13.00 nos salóns do Gato Negro. E cine, coa proxección do documental “Os días afogados” no Salón García, as 21.00. A tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro serás ás 14.00.

 

Cambados

De 10.00 a 13.00 terá lugar o campionato de natación escolar das Letras Galegas. Tamén se levará a cabo a inauguración da exposición de escultura da Escola de Canteiros de Poio, as 12.00 no Paseo Marítimo; e o concerto da Banda de Música de Castelo, no Auditorio da Xuventude.

 

O Grove

A praza de Arriba acollerá a Feira do Libro coa presenza de Gogue, que asinará o seu «Floreano», ao tempo que se inaugura a exposición «Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias». O contacontos «Tío Miseria», de Fantonces Baj, é tamén parte dunha programación moi ampla. A Asociación Cultural Cantodorxo tamén fai, ás 18.00, a súa propia celebración.

Pontecesures

A partir das 11.00, a acción literaria «Letras na rúa» invadirá a Plazuela. Tamén realizarase un obradoiro de creatividade para os máis pequenos.

 

Meaño

As actividades, con moita música, terán lugar no Centro Social de Dena ás 18.30.

 

A Illa

A Asociación Cultural Dorna presenta As Letras do Mar, que inclúen a inauguración, as 10.30, da Escola de Pau, e a botadura, as 12.00, das embarcacións tradicionais

Carreira en Cambados. O San Tomé foi o punto de partida e o IES Francisco Asorey o de chegada. Os alumnos dos institutos lanzáronse onte a carreira para comezar coa celebración das Letras Galegas. A tradicional quedada serviu para demostrar a forma física e homenaxear ao mestre Alejandro García Fariña. Dende esta edición, a carreira levará o seu nome. Para rematar, houbo entrega de trofeos e medallas.

Carreira en Cambados. O San Tomé foi o punto de partida e o IES Francisco Asorey o de chegada. Os alumnos dos institutos lanzáronse onte a carreira para comezar coa celebración das Letras Galegas. A tradicional quedada serviu para demostrar a forma física e homenaxear ao mestre Alejandro García Fariña. Dende esta edición, a carreira levará o seu nome. Para rematar, houbo entrega de trofeos e medallas.

403 Forbidden

Forbidden

You don't have permission to access /votacion/pixel_votos_responsive.php on this server.


Apache/2.2.22 (Debian) Server at www.lavozdegalicia.es Port 80
Etiquetas
A Illa de Arousa Cambados Poio Vilagarcía de Arousa O Grove Pontecesures Meaño Día das Letras Galegas Natación
Comentarios