«Sen a ETEA seguramente teriamos que ir a outro concello»

La Voz

AROUSA

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A cesión dunha parte da ETEA á Universidade por parte de Zona Franca para o Campus do Mar depende do visto bo do pleno desta última presidido polo alcalde, Abel Caballero.

-O alcalde alega para non dar luz verde, que a Xunta debeu cedelo directamente a Universidade e non a través da Zona Franca.

-Xa o pedimos á Xunta no 2012, pero non puido ser, había problemas técnicos para a cesión directa. ¿Cal é o problema? Todo é diñeiro público. Podo entender que o alcalde pida explicacións á Xunta sobre por que non o cedeu directamente, pero eu xa o pedín. A Universidade traballa con todos os axentes e a Zona Franca se integrou en moitos proxectos de Campus do Mar.

-¿Pódense perder fondos por non ter a ETEA?

-Pedimos fondos. Se non temos sede física temos que devolvelos ou facelo noutro espazo físico e sen a ETEA seguramente teríamos que ir a outro concello, pero eu quero facelo en Vigo. A ETEA non e só Campus do Mar, é máis importante para a cidade e se xoga máis que a Universidade.

-¿En que sentido?

-A través do Campus do Mar se recupera unha zona atractiva, se revaloriza o barrio de Teis e as expectativas son internacionais co campus mariño, biotecnoloxía azul, exploración dos fondos oceánicos... Incluso dende o punto de vista do turismo. As tecnoloxías avanzadas repercuten no tecido económico e na imaxe dos produtos do mar.

-Entón, ¿por que o para o alcalde?

-Non o entendo. É unha equivocación. Se segue así, pasará a historia por impedir que o Campus do Mar vaia a ETEA. Non é incompatible facer una crítica lexitima con seguir o proceso.