«Agora toca completar a oferta de títulos, pero hai que poñer as regras do xogo»

La Voz

AROUSA

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O mapa de grados en Galicia cerrouse en 2008 e en 2011 chegou a reordenación coa aprobación de títulos e a oferta de mesteres. Na actualidade a Universidade de Vigo ten unha matriculación do 96 % con só cen vacantes.

-¿Que toca agora?

-Agora toca falar de completar a ordenación e a oferta de títulos no sistema galego e imos traballar coa Consellería. Pero antes, hai que poñer as regras do xogo.

-¿Que condicións hai que ter para poñer un novo grado?

-Analizaremos a demanda social, non só a de estudantes, senón a capacidade de absorción do entorno socioeconómico, falamos co sector empresarial. Por exemplo, Enxeñería Biomédica está vinculada ao Vigo tecnolóxico. O mundo da sanidade está en Santiago. Alí está biotecnoloxía e bioquímica, que é distinto. Por iso non hai tanta competitividade.

-A Universidade nutre a 2.000 empresas, ¿É man de obra barata?

-Non. Os convenios se fan cun seguimento e control total. Hai prácticas curriculares, co as que as empresas ten un compromiso. Están tipificadas e ligadas ao espazo horario cun límite de horas. Están obrigadas a pagar unha beca con contrato en prácticas e cando se converten en contratos, convértense en indefinidos. Unha porcentaxe moi elevada quédase nas empresas. É unha formación lóxica a inmersión laboral, moi eficiente. Hai control, tutela un profesor e se algunha empresa non o fai ben, non se volve a firmar.

-¿Como se abre á sociedade?

-Estamos traballando niso e, por exemplo, traballamos na empregabilidade, pese a non ter esa competencia. A idea é que sexa un modelo de futuro e reverta na sociedade. A consecuencia son centros como Gradiant, que so existen en Galicia. Iso significa que somos cada vez máis cercanos e queridos pola base social, non polas elites.