Luis Busto volta relevar a Isorna coma director técnico das Torres

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Retorna a un posto que xa ocupara entre o 2011 e o 2014

27 oct 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Manuel Isorna xa ten substituto na dirección técnica das Torres-Romaría Vikinga. E o seu relevo é o mesmo que o suplira no cargo nos catro anos nos que Isorna decidira pasar a un segundo plano como responsable das categorías inferiores do club, entre o 2011 e o 2014. Luis Busto, que co tempo pasou de ser un dos padexeiros aventaxados da primeira gran fornada cociñada por Isorna no seu exitoso empeño por elevar o club á categoría de grande de España, a un dos seus adestradores de referencia. Unha ocupación que Busto completa coa de membro intermitente do corpo técnico nacional de maratón desde o 2008.