Outra goleada manda o Arousana ao fondo da táboa

Vilagarcía / La Voz

AROUSA

O cadro vilagarcián perde 5-1 en Santander cun rival directo, o CD Monte, xogando con só once futbolistas

18 oct 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Situación crítica a que vive o Atlético Arousana. De goleada en contra en goleada en contra, atopándose desde o pasado domingo na tesitura de pasar a ocupar o derradeiro posto da táboa clasificatoria con tan só 2 puntos tras as sete derradeiras xornadas de Liga. A última, con derrota por 5-1 ante un rival directo, o CD Monte, en Santander, a onde o Arousana se desprazaba coas once xogadoras xustas ao unir a súa falta de fichaxes unha praga de lesións.