«Imos estar moi enriba da calidade da comida»

La Voz

AROUSA

28 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A directiva da asociación de nais e pais de Rubiáns vén de mudar a súa composición. O seu novo presidente, Ramiro Iglesias, anuncia que o seu equipo prestará unha atención especial ao servizo de comedor: «Imos estar moi enriba da calidade da comida e dos criterios dietéticos. Hai cousas que deben mellorar; os nosos nenos, por exemplo, teñen un moi mal horario».