O Concello de Cambados recada 137.794 euros por inspección e sanción da taxa por aproveitamento de espazo público

Cambados LA VOZ

AROUSA

Realizaronse 36 inspeccións a empresas de telefonía, electricidade e gas polos datos declarados entre os anos 2009 e 2014

24 ago 2016 . Actualizado a las 18:20 h.

O concello de Cambados ven de recadar un total de 137.794,21 € en concepto de inspección e expedientes de sancións da Taxa por Aproveitamento do Subsolo, Solo e Voo no Réxime especial, este réxime é aplicable ás empresas explotadoras de servizos de subministro que resulten de interese xeral ou afecten a unha parte importante dos veciños, sendo o importe a recadar, en todo caso e sen excepción algunha, no 1,5 por 100 dos ingresos brutos procedentes da facturación que teñan anualmente no termo municipal ditas empresas. O réxime especial de cuantificación da taxa baseado no 1,5 por cento dos ingresos brutos de facturación aplicarase a todas as empresas explotadoras de servizos de subministro que resulten de interese xeral, independentemente de que estas sexan titulares das correspondentes redes a través das cales efectúanse o subministro, ou de dereitos de uso, acceso ou interconexión sobre as mesmas. E, a estes efectos, inclúense entre as empresas explotadoras de devanditos servizos as empresas distribuidoras e comercializadoras destes.

Un total de 36 empresas inspeccionadas polos datos declarados nos períodos que abranguen dende o 2009 ao 2014

Realizáronse un total 36 inspeccións a estas empresas polos datos declarados nos períodos que abranguen segundo as empresas dende o 2009 ao 2012, de 2010 a 2013 e de 2011 a 2014, para comprobar si o declarado voluntariamente como ingresos correspondía cos ingresos reais das mesmas. Realizáronse estas inspeccións no exercicio 2014 e 2015, sendo posteriormente, cando ás empresas subministradoras que non declararon correctamente o volume de ingresos no procedemento de inspección, se lles iniciou un proceso de expediente de sanción, principalmente por dous motivos: un primeiro por obstrución nos expedientes de sanción, na que se recadou un total de 60.000 euros, e outro por non presentar, ou non facer de forma completa ou correcta as declaracións correspondentes na que se recadou un total de 76.337,05 euros.

Para poder comprobar se os ingresos declarados voluntariamente polas empresas explotadoras de servizos de subministro que resulten de interese xeral ou afecten a unha parte importante dos veciños, corresponden cos ingresos reais, o concello de Cambados fixo un total de 108 requirimentos a grandes consumidores, solicitándolles información da facturación e posteriormente comprobouse no proceso de inspección si esta información facilitada polos grandes consumidores, na totalidade dos casos mercantís, coincidía cos datos facilitados polas empresas explotadoras de subministro.

O incremento medio respecto do previamente recadado voluntariamente foi dun 11,21%

Os importes que foron ingresados nas declaracións voluntarias nesta taxa polas empresas explotadoras de servizos de subministro que resulten de interese xeral, foron no 2011 de 108.120,53 € e en 2012 de 118.085,73 €. Así pois a media nestes dous exercicios foi de 113.103,13 €, sendo a media de incremento anual obtida na inspección (sen ter en conta as sancións), da cuarta parte do total das actas asinadas (catro exercicios inspeccionados en cada expediente), pero sen ter en conta os xuros de mora. Polo tanto o incremento medio respecto do previamente recadado foi dun 11,21%.

Este proceso de inspección iniciouse polo anterior goberno de Cambados e mantívose polo actual, tanto nos procedementos de inspección existentes como nos expedientes de sanción tanto os novos que se abriron como nos anteriores, e que vaise manter no tempo, xa que o concello de Cambados vai continuar comprobando si os datos declarados polas empresas explotadoras de servizos de subministro, suxeitas a esta taxa impositiva, continúan sen declarar os ingresos correctamente ou si nas próximas declaracións voluntarias de vindeiros exercicios presentan estes incrementos nos seus ingresos, e en caso contrario, volveráselle a aplicar un novo procedemento de inspección tributaria, para que tributen polos importes establecidos correctamente.