O Atlético Arousana pelexará por rematar terceiro

VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Golea 5-1 o Femiastur e deberá derrotar a domicilio na derradeira xornada o subcampión da Liga, o Friol

03 may 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Aplicouse a fondo o Atlético Arousana o pasado domingo na Lomba no seu derradeiro partido da tempada en campo propio. Endosándolle unha manciña a un Femiastur que rematará a Liga na zona media-baixa da táboa dun Grupo 1 da Segunda División nacional feminina co cadro vilagarcián aspirando a concluír terceiro.

Co seu contundente 5-1 sobre o cadro asturiano, con Belén consolidando o seu papel de pichichi cun hat-trick entre os minutos 26 (0-2) e 66 (0-4), as pupilas de Nando González pecharán o vindeiro día 15 a tempada do seu retorno exprés á categoría de prata española disputándolle ao Sárdoma o terceiro posto. Con este último 1 punto por diante recibindo o campión invicto, o El Olivo, e o Arousana xogando no campo do subcampión, o Friol.

ATLÉTICO AROUSANA: Rocío (Andrea, min 79), María Arufe, Sara Pazos, Caro, Zaira (Bárbara, min 70), Míriam (Nuria, min 59), Sarita, Carla, Cris, Belén e Laura

FEMIASTUR: Vanesa, Paula, Eva (Itziar, min 46), Tatiana (Laura, min 46), Elisabeth, Rocío, Claudia, Carla, Carmen, Tania e Miranda

Goles: 1-0, min 21: María Arufe. 2-0, min 26: Belén. 3-0, min 58: Belén. 4-0, min 66: Belén. 5-0, min 69: Nuria. 5-1, min 81: Carla.

Árbitro: Daniel Pastoriza (Pontevedra). Sen amonestadas.