Contacontos en Cambados polas Letras Galegas

La Voz

CAMBADOS

O ciclo chegará a todos os centros de lectura do concello

06 may 2015 . Actualizado a las 18:30 h.

A conmemoración das Letras Galegas encherá de contos Cambados. O programa arrinca o este sábado na Casa dos Fraga con Migallas Teatro e os seus Contos do Chupete, dirixido a nenos de cero a tres anos. E do luns 11 ao xoves 14, ás seis da tarde, Expresión Producións levarán Conto contigo! ás casas da cultura de Oubiña, Vilariño, Corvillón e Castrelo, por esta orde. O venres volven os contacontos á Casa dos Fraga (18.30 horas) con Matapiollos. O venres día 15, ás 12.45 horas, farase a ofrenda floral e poética no paseo da Calzada, en homenaxe a Xosé Filgueira Valverde e ás 18.30 horas.