O E. Otero queda sen fase de ascenso, e o Liceo certifica a permanencia

vilagarcía / la voz

AROUSA

O cadro cambadés queda á espera dunha posible renuncia dun dos tres primeiros clasificados do seu grupo na División de Honra

21 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xornada de contrastes a que ofreceu o penúltimo capítulo da Liga de División de Honra a pasada fin de semana. Co Establecimientos Otero afastado da fase de ascenso, e o Liceo Casino certificando a súa continuidade unha campaña máis na categoría de prata do tenis de mesa español. En ambos casos, con triunfo semanal.

O equipo cambadés superou 4-3 o Son Cladera mallorquín, que visitaba o pavillón de Santo Tomé nun partido a morte pola súa supervivencia na División de Honra. Araswilli, por dúas veces, e Guillermo Sánchez, anularon as vantaxes do Son Cladera, con ambos dándolle o punto clave ao E. Otero no dobres. O cadro arousán, cuarto, deberá agardar a unha hipotética renuncia do L?Escala, CAI ou Helios, este último afastando aos de Ñajo Padín ao gañar o Monteporreiro, como última opción de ir á fase.

Pola súa banda, o Liceo venceu o domingo pola mañá o pechacancelas, Club de Mar, 2-4, sabedor de que estaba salvado polo triunfo do seu veciño.