Lembranza do «Sol fuerza»

Suso Lousa

AROUSA

27 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Ao escoitar falar do prezo do combustible a cabeza váiseme a aquel gran invento. O Sol fuerza, un destilado do toxo do país, presentábase coma a panacea para facer rodar os nosos vehículos e rachar a dependencia do petróleo e os seus derivados. Coido que foi no plató de Ruada onde, facendo unha proba, un cinceiro estopou, comprometendo o seu poder calorífico. Con el brincaron, esnaquizados, os nosos soños de sermos os novos texanos.