Unha xincana para lembrar a Díaz Castro en Vilagarcía

Susana Luaña Louzao
susana luaña VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O auditorio acolle unha mostra sobre a vida e a obra do autor<span lang= es-es >. </span>
O auditorio acolle unha mostra sobre a vida e a obra do autor. n. feijoo< / span>

Será esta tarde na praia da Concha, xa que o mar arousá quedou reflectido na obra do poeta natural de Mondariz

15 jul 2014 . Actualizado a las 06:54 h.

Os rapaces da comarca están convidados hoxe a unha tarde de xogos en Vilagarcía organizada polo servizo de Normalización Lingüística municipal. Será unha xincana que promete diversión, pero promete tamén cultura, xa que as actividades teñen un dobre obxectivo; por unha parte, ampliar a oferta de ocio para as vacacións estivais, e por outra, invitar os rapaces a achegarse á vida e á obra do autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas e que pasou unha importante etapa da súa vida en Vilagarcía como mestre do colexio León XIII.

Os nenos que queiran participar -vai dirixido a maiores de 8 anos- non teñen máis que presentarse ás 18.30 horas no parque da Concha, onde os monitores os convidarán a unha serie de actividades que xogan coas palabras e os versos de Xosé María Díaz Castro.

A proposta foi presentada onte polo alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e as concelleiras Sandra García e Rocío Llovo, que acompañaron aos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo e Valentín García, nun percorrido pola mostra Nimbos de luz aberta ao público no auditorio, e que fai un percorrido pola vida e a obra do autor de Guitiriz.

Non é casualidade que se elixira a praia para esta actividade, porque como recordou Luís González Tosar, biógrafo do poeta, Díaz Castro quedou marcado pola riqueza cultural o sobre todo polo mar de Vilagarcía.