«Isto é unha medida política cen por cen»

Bea Costa
B. Costa VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Xaquín Charlín durante un pleno en Cambados.
Xaquín Charlín durante un pleno en Cambados. Mónica irago< / span>

24 oct 2012 . Actualizado a las 06:55 h.

Xaquín Charlín «Chon» quere deixar claro ante todo que o de ser persoa non grata tómao «a cachondeo ata que me toquen a fibra óptica».

"¿Sospeitaba algo así?

-Sabía que había certos movementos. Pero eu non dixen que o PP fixo un mitin gratis na Cultural. O único que dixen é que non me parecía nada ben que a Deputación investise un millón de euros nunha entidade privada. Como contribuínte paréceme denigrante, e reafírmome. <

-¿Por qué vincula á directiva co PP?, iso molestoulles moito.

-Eu respecto moito á sociedade da que fun socio moitos anos, pero que non digan que non son do PP: o presidente reparte propaganda do PP, Ricardo (tesoureiro) foi empregado do Concello...

-A decisión é da Sociedade Cultural, pero ¿non será un castigo por todos os damnificados que deixa o seu blog?

-Esta é unha medida política ao cen por cen. Eu entendo que pode haber xente cabreada comigo polo blog, pero isto que fai a directiva é un cachondeo. Tamén son moi crítico con Benito Pelea [o patrón maior] e a confraría non me declarou persoa non grata, e tamén son moi crítico con Luis [o alcalde] e non me prohibiu a entrada ao Concello. Se din que difamo e inxurio o que teñen que facer é ir aos tribunais. Pero este acordo tomouse nun momento moi concreto. Tivo que ser o venres [véspera das eleccións], non puideron esperar ao luns.

-De momento xa é persoa non grata na Cultural, ¿tróuxolle outros problemas o seu blog ou a súa actividade política?

-O meu blog é moi crítico porque debe selo. Hai xente á que non lle parece ben o que escrito pero hai outra dime que son a súa voz.

-E no Bloque, ¿como toman que un edil teña esta actividade blogueira tan controvertida?

-Cando me chamaron para ir na lista eu xa lles dixen que non ía deixar o blog, e non houbo problema. Si é certo que se ten falado do asunto no consello local porque, aínda que eu non o entendo, non se pode desligar a miña persoa co cargo de concelleiro. Teño que ter coidado.

Xaquín Charlín concejal del BNG

«Hai xente á que non lle parece ben o que escribo, pero outra dime que son a súa voz»