Máis tristeza que hai 20 anos

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Hai vinte anos vivíamos un momento de desnorte, non sabíamos por que os xóvenes roubaban, que facer co narcotráfico, non sabíamos onde acudir e chamábannos as tolas. Así ata que chegamos á Audiencia Nacional e un xuíz escoitounos e púxose a traballar. Levoulle un ano a instrucción da operación Nécora, pero o 12 de xuño de 1990 foi a gran redada. Recordo que había medo e ameazas, eu fun unha das avisadas, pero a partir de esa data entrounos un sentimento de felicidade. ¿E quen o fixo? Un tal Baltasar Garzón, un xuíz que non desacertou en nada, e todos o sabemos. Nin cando foi a Nécora ni cando máis tarde, xa dedicado á política, prometeunos que se lle incautarían os bens aos narcotraficantes, e o fixo, xunto coa lei de blanqueo que aínda se aplica hoxe en día. De feito, eu sentime orfa cando deixou a política.

Garzón en Cambados é sinónimo de xustiza, e agora de tristeza, porque pasados case 22 anos, despois de todo o terreo gañado e todo o que se aprendeu, sentimos de novo o desnorte e a desolación, indefensos e desprotexidos.

Eu estiven no proceso, e sentín vergoña no Tribunal Supremo. Escoitei aos acusadores e respondían a un tipo de sociedade que non mira máis que polo enriquecemento rápido, e logo escoiteino a el e a súa argumentación estaba baseada nunha denuncia e avalada por unha lexislación, o mesmo que o que logo declararon as testemuñas, os policías e os fiscais. Cando acabou pensamos que era impresionante, pero ao saír, xente coñecedora do tribunal xa me dixeron: «Te equivocas, Carmen, esto es un teatro y ya está sentenciado y condenado». Non o podía crer.

Agora sinto de novo tristeza, pero máis que hai vinte anos, porque é como volver a empezar pero sabendo o que sei. Eu, que fun profesora, non sería capaz de dicirlle hoxe a un neno que estudiara e traballara para facer un mundo mellor. El traballou para reparar ás vítimas, e hoxe as vítimas somos todos. Tamén el.