As Torres e Illa de Arousa pugnan no Umia polo liderato galego de Ríos

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

08 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? Descenso do Río Umia pon hoxe en xogo, a partir das 17 horas, o liderato do Gran Premio de Ríos e Travesías de Galicia. En Ribadumia, dous equipos da zona, o As Torres e o Piragüismo A Illa, pugnan polo primeiro posto do campionato. Case 300 palistas de toda Galicia aspiran a copar os dez podios das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Nacional de Promoción Os clubs arousáns desprazaránse mañá a Zumaia (Guipúzcoa) para participar na terceira proba da Copa de España de Promoción. O As Torres parte empatado no alto da clasificación a 215 puntos co Asociación Deportiva Pinatarense.