O Grove retoma o programa educativo «As xentes e o mar»

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

12 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? partir de hoxe da comezo a terceira temporada do programa formativo que ideou a concellería de Educación e Medio Ambiente do Grove, que dirixe Fernando Meis, e que leva por título As xentes e o mar . Arredor de 1.100 alumnos de sexto curso de Primaria de toda a comarca pasarán polo Grove para participar neste plan que ten como obxecto divulgar e promocionar o patrimonio marítimo do concello meco. Entre as actividades figura o traballo co tema das embarcacións tradicionais, a construción de barcos e o mundo esquecido das fábricas de salga. A sesión prolongarase durante preto de tres horas e o encargado de inauguralas será o colexio San Roque de Corón (Vilanova), que chagará hoxe sobre as 10.40 á península grovense.