«Temos colaborado en obras singulares»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

CEDIDA

A súa tarima está en palacios ou na nova Cité Musicale de París, entre outros

27 may 2017 . Actualizado a las 13:19 h.

A empresa viveirense López Pigueiras, con xa máis de 45 anos, que nacía nos 70 como unha carpintería de taller e se dedicaba ao machihembrado de tarimas do país con eucalipto e pino de materias primas é hoxe en día toda unha firma especializada na produción de tarima de madeira maciza e cunha gran proxección internacional, explica o director comercial Manuel López.

?Que xeración está xa actualmente á fronte da empresa?

?Xa estamos na terceira xeración, é verdade que a cada unha correspondeulle un estilo distinto de traballo. O noso por exemplo, pouco ten que ver co da xeración anterior. Por exemplo contamos con máis competencia e cada vez máis especializada. As empresas que evolucionaron nos últimos dez anos, fixérono exponencialmente, moito máis rápido que nos últimos vinte e a nós non nos quedou máis remedio que adaptarnos, pero esta adaptación sempre se basou nunha mesma filosofía de traballo, encarrilada polo esforzo diario en mellorar procurando darlle sempre valor engadido a todo o que facemos, compromiso polas persoas e respecto polo natural. É dicir, conservamos as ideas base da nosa primeira xeración mentres innovamos para ofrecer un produto final altamente especializado e coas garantías que os nosos clientes necesitan.

?Como lembra ao avó, fundador?

?Meu avó iniciou a súa actividade empresarial, despois de deixar o seu traballo nun aserradero situado no barrio de Cantarrana, pasando a una pequena nave en Covas que foi o xerme da empresa Jesús López Pigueiras. Con el comezaron un axudante e un carpinteiro, así como os dous fillos, meu pai e meu tío, corría o ano 1972. Foron anos moi duros, pois houbo que abrir unha clientela totalmente nova, era unha empresa que se iniciaba no mercado local e rexional, loxicamente dominado por outras empresas asentadas con anterioridade, aínda que o traballo ben feito foi dando os seus froitos. Foise asentado a carpintería con novos operarios así como os machihembrados con máis empregados, que fixeron medrar a empresa con bastante rapidez.

?Que tipo de produtos fabrican?

?López Pigueiras especialízase na produción de tarima maciza, tanto para ambientes de interior como de exterior. Contamos cun amplo catálogo que contén as mellores especies de madeira que se comercializan actualmente. Por durabilidade, por garantías de calidade e por respecto ao medio natural. Existe unha tendencia, cada vez maior, entre os produtos de alta calidade de respectar a orixe, a parte natural, a esencia… conseguindo solucións máis intelixentes e sostibles. Nesta forma de traballar e pensar é na que se sitúa o noso produto.

?Onde exportan principalmente?

?En Europa estamos traballando principalmente en Francia. Estamos tamén consolidando mercado en EEUU, temos una presenza importante en Israel. Tamén exportamos a Portugal, Gibraltar, Austria, Eslovaquia, Romanía, Croacia Xordania, Túnez, Marrocos e Rusia.

?En que lugares emblemáticos está instalada a súa tarima?

?No estranxeiro, ao igual que en España, temos colaborado en obras singulares, ben sexa polo carácter arquitectónico, histórico ou cultural. Invitámosvos a velas na nosa web www.lopezpigueiras.com, no apartado de obras. Poderedes ver, por exemplo: O Palacio de Ifrane (en Marrocos), O Palacio de Goberno de Turkmenistán, a recén inaugurada Cité Musicale (en París), A Ópera Real de Malta…

?Novos encargos ou proxectos futuros da empresa.

?Como proxectos futuros, destacaría a nosa recén apertura da filial en Estados Unidos (López Pigueiras North América) e a firma con un Partner con base no Líbano para cubrir os mercados do Golfo Pérsico (Arabia Saudita, Emiratos Árabes Únicos, Catar, Oman e Yemen).