«A ver se somos capaces de ir eliminando o pechado negro»

y. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

O presidente da comisión fai balance das festas

31 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Naseiro chegou ao seu fin, con arredor de 400 mesas reservadas este ano. É hora de balance pero tamén de agradecementos por parte da comisión que preside Luis Bernárdez, quen sinte o Naseiro «coma o que máis», di. Las colaboraciones de Concello de Viveiro, Xunta (Turismo), Deputación de Lugo, policías (local, autonómica y nacional), Cruz Vermella e Protección Civil «chapeau», subraia.

?¿Cando colleu a presidencia?

?Son presidente dende hai tres anos, cando Naseiro estaba en declive e había que recuperalo. Levo vindo 38 anos á festa.

?Sempre hai que mellorar pero unha das críticas máis escoitadas é a do uso de toldos negros.

?Xa no saúda do libro co programa das festas pido a ver se somos capaces de ir eliminando o pechado negro. O espírito de Naseiro non é estar pechados. Pídolle á xente que se quere manter isto que colabore(...). Outra cousa, cando imos pedir por establecementos, sobre todo ás áreas grandes de alimentación, por exemplo, en xeral aportan o mínimo. De seguir así, creo que Naseiro está ferido de morte economicamente. De feito, os postos do campo dinnos que as ventas baixaron. A xente leva a súa propia comida para as mesas e o vexo ben, pero imos vendendo rifas e temos a metade sen vender. O presuposto é de 70.000 euros pero falamos dunha festa que atrae a 15.000 ou 16.000 persoas.

?Insiste moito en respectar e coidar o entorno, un ano máis.

?Son inimigo acérrimo de que queda algo por aí despois da festa. Este ano, ademais, conseguimos todos os permisos oficiais, de Augas de Galicia, e fixemos os plans de seguridade e emerxencia. Limpar Naseiro supón en total entre tres e catro mil euros.

?Sen incidencias graves, ¿non?

?Temos moita sorte. Non sei quen é o protector de Naseiro. Deben ser a Virxe dos Remedios e san Roque. Sempre digo que se se bebe non se conduza. Temos servizo de bus e máis non podemos facer. Tamén temos unha colaboración superextraordinaria coas policías, con algúns axentes de paisano, e conseguimos evitar conatos de follóns. Son crítico co que é criticable e ten solución pero teño que dicir que Naseiro, como romaría, é unha marabilla. De 10, á festa doulle un 8.5 pero hai que pulir detalliños