Dolores Lage: «En Viveiro producimos un mel claro e en Muras un mel oscuro»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

O seu produto tivo moi boa acollida e foi premiada na feira de Goente

14 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

E despois da XVIII Feira do Mel do Valadouro... seguimos a falar de mel da Mariña. Porque Mel O Castelo que se comercializa como producción primaria en Galdo, explotación de Dolores Lage composta por unhas 80 colmeas, quedou como segundo mellor mel multifloral e, xunto con César Castro que se dedica á apicultura en Ourol, o seu monofloral de breixo tivo mención especial na VII Feira do Queixo e do Mel, en Goente o pasado domingo.

-¿Canto tempo hai que comercializan Mel O Castelo?

-Deuse de alta no 2014 pero hai colmeas na nosa casa dende hai máis de 30 anos, ao primeiro para consumo propio. O que nos animou a comercializalo foi o afán do gusto pola apicultura e porque un hobbie o vimos como saída perfectamente viable para levar a cabo a actividade profesional.

-¿Onde teñen as colmeas e que particularidade ten a zona?

-Unhas están en Galdo e outras en Muras. En Galdo prodúcese un mel claro, predominantemente de flor de eucalipto e silva que foi premiado na cata. O de Muras é oscuro, catalogado como monofloral de breixo ao que lle otorgaron mención especial. Neste último caso dicir que non é ningun premio a nivel cata pero si é importante porque é bastante difícil conseguir un mel monofloral. Os dous teñen propiedades diferentes en sabor, utilización, gusto... O domingo en Goente vendeuse cada un a partes iguais aínda que hai xente que pensa que o mel oscuro é mellor, pero non necesariamente é así. A zona de costa, entre Lugo e A Coruña, é a de maior producción do mel de eucalipto.

-Tema obrigado tratándose dunha apicultora. A velutina.

-Levámola mal. Algo que saía a relucir moito na entrega de premios en Goente son as dificultades que estamos tendo nas zonas máis afectadas, non só para conseguir producción, que mermou moito, senón para mantelas vivas, colocando trampas constantemente, pasando moitas horas nos colmeares, ata matando a man as avispas... dificulta a continuidade e o futuro do oficio. Na A Mariña case me atravería a dicir que está en serio risco a desaparición de colmeas porque se comenta. Os que as intentamos manter temos moita dificultade.

-¿Era a primeira vez nunha feira?

-Si, por iso nos sorprendeu o resultado na cata. A feira celebrouse a través da Casa do Mel de Goente. É unha asociación que está axudando moitísimo e colaborando cos apicultores en todos sentidos, comercialización, información, asesoramento e moito máis que ningunha Administración, no caso do problema coa avispa velutina. Algúns cremos que non se tomaron medidas serias nin efectivas, ao contrario do que pasou noutras comunidades como País Vasco ou países como Francia. Están máis arroupados.