A Escola de Música e Danza de Ribadeo estrea unha app para informar polos móbiles

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

É pioneira na provincia en dispor de este tipo de aplicación informática

23 feb 2017 . Actualizado a las 19:48 h.

A Escola Municipal de Música de Ribadeo estrea unha aplicación informática para achegar información do centro ao alumnado e ás familias através dos teléfonos móbiles. A escola ribadense é pioneira entre os centros de ensino musical da provincia en implantar este tipo de tecnoloxía. A idea é conseguir a comunicación máis rápida con pais e alumn@s.

"O que pretendemos é dar un paso adiante na calidade das comunicacións entre o centro, o alumnado e as familias. Avisos, notas, anuncios, etc. que ata o de agora faciamos en papel, agora chegaran aos teléfonos móbiles ou aos ordenadores das alumnas e alumnos e dos seus pais e nais de xeito máis rápido, garantindo a recepción e con total seguridade", manifestou o director da escola, Hugo García.

"Incluso poderemos saber, en todo momento, se a comunicación foi lida e incluso se pode responder dende a propia aplicación. Este sistema, TokAppSchool, ten un custe anual moi inferior ao gasto que facemos actualmente en papel, impresións e correspondencia", engadiu. E rematou: ”Con relación á seguridade, un dos aspectos que acostuma a preocupar máis, tanto ao centro como ao resto da comunidade educativa, as mensaxes son encriptadas e cumpren coa lexislación vixente en materia de protección de datos".