Baixeras, xusto protagonista na Feira do Libro de Ribadeo

José Francisco Alonso Quelle
JOSÉ ALONSO RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Onte inaugurouse a Feira do Libro de Ribadeo co pregón de Rodríguez Baixeras.
Onte inaugurouse a Feira do Libro de Ribadeo co pregón de Rodríguez Baixeras. foto miguel< / span>

Onte inaugurou o evento coa lectura do pregón e hoxe protagoniza un percorrido poético pola vila, aberto ao público

04 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O poeta Xabier Rodríguez Baixeras foi onte, e é hoxe, o grande protagonista da Feira do Libro de Ribadeo, que onte se inaugurou coa súa lectura do pregón. Baixeras, nado en Tarragona, estudou de pícaro en Ribadeo e dende fai tempo reside boa parte do ano na vila. Hoxe, Baixeras protagoniza a partir do mediodía, ata as dúas da tarde, un percorrido poético pola vila.

O sempre evocador parque de San Francisco acolle as casetas da feira, que organiza o Concello de Ribadeo. Participan as librarías Aenea, Nobel, Balmes, Vivín, Gráficas Santiago e Pícaros Mundi, e a Gran Enciclopedia Galega, Librería Anticuaria Galgo e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Onte, ademais do pregón de Baixeras, houbo actos como a presentación de Mondoñedo Literario, de Armando Requeixo, e a actuación da banda municipal de música de Ribadeo. Hoxe, de 11.30 a 13.30, haberá un obradoiro de creación de libros pop e escritura creativa; Inés Fernández presentará As tres xarolas (12.30 horas); pola tarde haberá outro obradoiro de animación á lectura; Mónica Pazos, da Mesa pola Normalización Lingüística, presentará Coñece o abecedario (19.00 horas); Cándido Pazó , Candideces (20.30 horas); haberá un sorteo de libros, e ás 21.30, en La Galería 56, unha interesante curiosidade: Maridaxes literarias: viños e libros.

A feira continuará con actividades todo o domingo.